Traballo voluntario do terceiro trimestre
Estamos no terceiro trimestre e como traballo voluntario vou propoñer varios temas. Tedes que escoller o tema que máis vos guste, documentarvos sobre el e redactar un traballo (a man ou a ordenador) sobre esa temática. Tedes de prazo ata o 14 de xuño para presentalo. Os temas son: O deporte de orientación. . Mellora da forza mediante o traballo en circuit training. Xogos galegos tradicionais da zona de Valga.