Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

Comeza Xuño. Primeira semana.

Imaxe
Boas rapacxs!!! Comezamos novo mes e imos cambiar de UD, deixamos os xogos tradicionais e imos comezar con Introducción á Orientación para o 2º e 3º ciclo e xogos na natureza para os máis pequenxs de 1º e 2º curso. 1º e 2º curso: Xogos na natureza Agora que xa se pode sair imos facer unha serie de xogos no medio natural que nos permitan practicar habilidades como os deprazamentos, saltos, xiros, equilibrios,... Ides facer un pequeno circuito na zona que poidades (xardín, parque,...) con uns poucos obxectos ou elementos da paisaxe (un tronco para equilibrio, unhas prantas para saltos, bancos para facer zig zag,...). Podedes ir ampliando o circuito de cada vez e incluso invitar aos voso familiares a que o fagan. 3º, 4º, 5º e 6º : Orientación O primeiro é saber que é isto da orientación . Preme AQUÍ e lee o seguinte enlace. Agora que xa sabemos de que vai este deporte imos pola primeira tarefa, facer un croquis . Un croquis é un mapa feito de maneira xeral e tosca, é dicir,

Semana do 25 ao 29 de maio

Imaxe
Boas a todas e todos!!! Imos coa última semana de xogos tradicionais. Desta vez vou propoñer dous xogos novos para que os coñezades e practiquedes e ademáis vouvos propoñer que me enviedes ao meu e-mail de tarefas do cole ( ef.atencion@gmail.com) un mail coa vosa opinión do xogo tradicional que máis vos gustou e por que. Tamén me gustaría coñecer se existe algún xogo que sexa típico da zona de Valga ou que vosos pais ou avós practicasen. Os xogos desta semana son: O tirafungueiro Necesitamos un pau dun medio metro para cada dous xogadores/as. Os participantes séntanse un enfronte do outro/a, tócando puntas dos pés con puntas dos pés. Collen o pau coas dúas mans e ao sinal tiran con forza. O xogador ou xogadora que sexa capaz de levantar ao aotro/a do chan é o que gaña un punto.    Recollida de mazorcas Dúas filas de  5 mazorcas (ou de pedras, paus, pelotas,...) separadas e na base unha cesta. Ao sinal, cada xogador sae correndo e ten que recoller as mazo