Semana do 25 ao 29 de maio
Boas a todas e todos!!! Imos coa última semana de xogos tradicionais. Desta vez vou propoñer dous xogos novos para que os coñezades e practiquedes e ademáis vouvos propoñer que me enviedes ao meu e-mail de tarefas do cole ( ef.atencion@gmail.com) un mail coa vosa opinión do xogo tradicional que máis vos gustou e por que. Tamén me gustaría coñecer se existe algún xogo que sexa típico da zona de Valga ou que vosos pais ou avós practicasen.
Os xogos desta semana son:
O tirafungueiro
Necesitamos un pau dun medio metro para cada dous xogadores/as. Os participantes séntanse un enfronte do outro/a, tócando puntas dos pés con puntas dos pés. Collen o pau coas dúas mans e ao sinal tiran con forza. O xogador ou xogadora que sexa capaz de levantar ao aotro/a do chan é o que gaña un punto.
Recollida de mazorcas
Dúas filas de 5 mazorcas (ou de pedras, paus, pelotas,...) separadas e na base unha cesta. Ao sinal, cada xogador sae correndo e ten que recoller as mazorcas e traelas á cesta base o máis rápido posible. De cada vez, so pode traer unha mazorca. Gaña o que primeiro acabe de recoller todas as mazorcas.
Moito ánimo a todas e todos!!!!

Comentarios
Publicar un comentario