Comeza Xuño. Primeira semana.
Boas rapacxs!!! Comezamos novo mes e imos cambiar de UD, deixamos os xogos tradicionais e imos comezar con Introducción á Orientación para o 2º e 3º ciclo e xogos na natureza para os máis pequenxs de 1º e 2º curso.
1º e 2º curso: Xogos na natureza
Agora que xa se pode sair imos facer unha serie de xogos no medio natural que nos permitan practicar habilidades como os deprazamentos, saltos, xiros, equilibrios,...
Ides facer un pequeno circuito na zona que poidades (xardín, parque,...) con uns poucos obxectos ou elementos da paisaxe (un tronco para equilibrio, unhas prantas para saltos, bancos para facer zig zag,...). Podedes ir ampliando o circuito de cada vez e incluso invitar aos voso familiares a que o fagan.
3º, 4º, 5º e 6º : Orientación
O primeiro é saber que é isto da orientación . Preme AQUÍ e lee o seguinte enlace.
Agora que xa sabemos de que vai este deporte imos pola primeira tarefa, facer un croquis. Un croquis é un mapa feito de maneira xeral e tosca, é dicir, un mapa dun sitio feito de maneira sinxela e que nos da unha idea global dun sitio.
Ides facer un croquis da vosa casa ou xardín, poñendo diferenciadas as partes (habitacións,...) e cos elementos máis destacados (estancias, fonte, piscina,...). Despois ides esconder varios obxectos (4 ou 5) e a marcalos no voso croquis. Despois darédeslle ese croquis a outra persoa, que ten que intentar atopalos. Despois cambiade os roles e que a outra pesoa esconda e vós buscaredes.
Ánimo, é moi divertido!!!

Unha prgunta Checho, mandámosche por correo a foto dos nosos mapas?
ResponderEliminar