Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2020

Rematamos o curso e chegan as vacacións!!!

Imaxe
Boas a todxs!!!! Chegamos á última semana de curso e so vos podo dar a noraboa polo gran traballo, esforzo e entusiasmo que lle poñedes sempre á materia de Educación Física. En esta última semana, vouvos a pedir que fagades a lectura deste artigo da OMS sobre a importancia da actividade física nos xóvenes. https://www.who.int/dietphysicalactivity/factsheet_young_people/es/ E xa que chega o verán, vouvos a facer unha recomendación para que a vosa saúde sexa de ferro. Hai que xogar moito, moverse moito e da maneira que máis che guste (andar, correr, bici, nadar, patinete,...), estar ao aire libre (con precaución do sol), alimentarse ben,  descansar polas noites )o corpo necesitao), estar cxs amigxs (con seguridade e distancia), coa familia,... En resumen, moita actividade física e moita diversión!!!! Que teñades o mellor verán!!!! Apertas moi fortes para todxs!!!

Semana do 08 ao 12 de xuño

Moi boas a todxs!!! Xa se vai achegando o fin de curso e imos programar as últimas semanas do mesmo. 1º e 2º cursos Seguimos con xogos ao aire libre. Neste caso imos facer nós mesmos uns xogos de lanzamentos, recepcións e punteria. 1º.-  Buscaremos unha caixa, caldeiro,..., e unhas pedras, paus ou algo similar e xogaremos a lanzar desde unha liña a ver cantos somos capaces de meter dentro. Iremos alonxando a liña para lanzar desde máis lonxe. 2º.- Poñeremos enriba dun muro, dunha mesa ou similar obxectos que teñamos por casa (latas, peluches,...) e coas mesmas fichas que tiñamos do xogo anterior, lanzaremos desde diferentes distancias a ver cantos derribamos. Podes facer variantes, lanzando con salto, cos ollos pechados, coa man non dominante,... 3º.- Se temos un día de calor mellor. Enchemos globos con auga e atámolos a algo que estea alto (árbore, muro,...) e desde unha liña lanzamos as fichas para intentar explotalos. 4º.- Con globos de auga cheos xogamos a pasar e a v