Semana do 08 ao 12 de xuño

Moi boas a todxs!!!

Xa se vai achegando o fin de curso e imos programar as últimas semanas do mesmo.

1º e 2º cursos

Seguimos con xogos ao aire libre. Neste caso imos facer nós mesmos uns xogos de lanzamentos, recepcións e punteria.

1º.-  Buscaremos unha caixa, caldeiro,..., e unhas pedras, paus ou algo similar e xogaremos a lanzar desde unha liña a ver cantos somos capaces de meter dentro. Iremos alonxando a liña para lanzar desde máis lonxe.

2º.- Poñeremos enriba dun muro, dunha mesa ou similar obxectos que teñamos por casa (latas, peluches,...) e coas mesmas fichas que tiñamos do xogo anterior, lanzaremos desde diferentes distancias a ver cantos derribamos. Podes facer variantes, lanzando con salto, cos ollos pechados, coa man non dominante,...

3º.- Se temos un día de calor mellor. Enchemos globos con auga e atámolos a algo que estea alto (árbore, muro,...) e desde unha liña lanzamos as fichas para intentar explotalos.

4º.- Con globos de auga cheos xogamos a pasar e a ver a quen lle cae e se molla.

3º, 4º, 5º e 6º cursos

Vemos o seguinte video:  https://www.youtube.com/watch?v=ifLev2-xHqs

Despois imos a facer un pequeno mapa do entorno coa vosa casa e tedes que facelo orientando a casa e marcando os puntos cardinais (N, S, E e O). Se non tedes brúxula, podedes usar os planos da casa, o musgo (N), preguntar aos vosos pais,... Tamén podedes intentar orientarvos polo sol ( https://www.youtube.com/watch?v=UMsoVkNae9g ).

Agora podedes facer o xogo de esconder pistas no voso novo mapa orientado.

Saudos a todxs!!!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Comeza Xuño. Primeira semana.

Rematamos o curso e chegan as vacacións!!!