Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2020

Traballo para rematar Abril

Boas a todas e todos!!! Para rematar o mes de abril imos a continuar e rematar a UD de baile e coreografías. Ímolo coordinar co traballo en LUDOS. Os cursos máis pequenos (1º, 2º e 3º) van seguir co baile libre e a probar pequenas coreos e os cursos maiores van perfeccionar as coreos que vimos anteriormente. Recordade ademáis que facer actividade física todos os días é esencial para a saúde física e mental neste días de confinamento. Algunhas ideas de coreos novas: https://www.youtube.com/watch?v=knl1Fhb__Xw https://www.youtube.com/watch?v=UaVxb8JQowI https://www.youtube.com/watch?v=UaVxb8JQowI   https://www.youtube.com/watch?v=eCsoOVnfSLQ Moito ánimo nenxs!!!!

Proxecto LUDOS

Imaxe
Boas a todas e todos!!! Hoxe traiovos unha páxina feita polo Ministerio de Educación hai xa uns aniños pero que está moi ben para traballar os contidos conceptuais de EF mediante a gammificación, é dicir, xogando no ordenador. Chámase Ludos e está dividida por ciclos. Ten como tres pantallas, a número 1 é para 1º e 2º de Primaria. A número 2 para 3º e 4º de Primaria e a número 3 para 5º e 6º. Entrade na que vos corresponda e probade todos os xogos que aparecen. A ligazón é  http://recursostic.educacion.es/primaria/ludos/web/ Que o pasedes moi ben!!!! Saúdos.