Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2018

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS 2018

Imaxe
Este curso clasificamos a varios/as alumnos/as para o campionato provincial de campo a través. Celebrouse no concello de Portas e reuníronse os/as mellores corredores/as da provincia de Pontevedra. Pasamos unha mañá moi divertida e competimos a tope, polo que non puidemos quedar máis contentos.

MULTILIGA 2018. RESULTADOS E INCIDENCIAS

Apuntade nesta entrada todo o relacionado coas arbitraxes dos partidos da multiliga: resultados, problemas, incidencias,... Premede sobre os comentarios e poñede o voso. Despois o comité de competición decidirá sobre as incidencias ocorridas nos partidos.

TRABALLO VOLUNTARIO DO TERCEIRO TRIMESTRE

Xa estamos no terceiro trimestre e como traballo voluntario vou propoñer varios temas. Tedes que escoller o tema que máis vos guste, documentarvos sobre el e redactar un traballo (a man ou a ordenador) sobre esa temática. Tedes de prazo ata o 15 de xuño para presentalo. Os temas son: Mellora da saúde mediante o traballo de resistencia aeróbica. Xogos galegos tradicionais da zona de Valga. Os xogos olímpicos.

INICIACIÓNS ÁS HABILIDADES XIMNÁSTICAS

Imaxe
Neste último mes, os/as alumnos/as de 5º e de 6º estivemos traballando na clase de EF as habilidades ximnásticas.  Traballamos un montón de aspectos relacionados con esta disciplina: posición corporal, apoios, axudas,...  Ademáis coñecemos a disciplina do acrosport, no que se forman figuras coa utilización do corpo.  Tamén probamos figuras acrobáticas aéreas coa axuda do minitramp.