Publicacións

Ideas para realizar actividade física estes días

Imaxe
 Esta ligazón é duns exercicios de ioga para nenos e nenas que podedes facer na casa sen problemas. Para 1º, 2º e 3º de primaria. https://youtu.be/t8748OWc1nQ Para 4º, 5º e 6º de primaria https://www.youtube.com/watch?v=nNbRQX8yJWs E se vos gusta, en youtube tedes moitos exemplos máis. Ánimo!!!  

Traballo voluntario do terceiro trimestre

Estamos no terceiro trimestre e como traballo voluntario vou propoñer varios temas. Tedes que escoller o tema que máis vos guste, documentarvos sobre el e redactar un traballo (a man ou a ordenador) sobre esa temática. Tedes de prazo ata o 14 de xuño para presentalo. Os temas son: O deporte de orientación. .  Mellora da forza mediante o traballo en circuit training. Xogos galegos tradicionais da zona de Valga.

Traballo voluntario do 2º trimestre

Este trimestre vou propoñer un traballo voluntario sobre os temas traballados.  Neste caso será un traballo sobre forza ou sobre resistencia. Concretamente, será o deseño dun circuito de entreno da forza. Haberá que incluir: Nº de exercicios. Descrición dos exercicios. Tempo de exercicio e de descanso. Estiramentos finais (descrición dos mesmos). Pódese entregar ata o 10 de abril.

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO!!!

Imaxe
      Un novo curso comeza e desde a materia de Educación Física quero darvos a benvida e moita forza para afrontalo.      Preparádevos para un curso moi movido e de moita actividade física. Teremos a nosa multiliga dos recreos (brilé, baloncesto, beisbol,...), os torneos de xadrez e bádminton, o campionato escolar de campo a través, as clases de EF, e moito máis...       Poñédevos as pilas que comezamos...

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS 2018

Imaxe
Este curso clasificamos a varios/as alumnos/as para o campionato provincial de campo a través. Celebrouse no concello de Portas e reuníronse os/as mellores corredores/as da provincia de Pontevedra. Pasamos unha mañá moi divertida e competimos a tope, polo que non puidemos quedar máis contentos.

MULTILIGA 2018. RESULTADOS E INCIDENCIAS

Apuntade nesta entrada todo o relacionado coas arbitraxes dos partidos da multiliga: resultados, problemas, incidencias,... Premede sobre os comentarios e poñede o voso. Despois o comité de competición decidirá sobre as incidencias ocorridas nos partidos.

TRABALLO VOLUNTARIO DO TERCEIRO TRIMESTRE

Xa estamos no terceiro trimestre e como traballo voluntario vou propoñer varios temas. Tedes que escoller o tema que máis vos guste, documentarvos sobre el e redactar un traballo (a man ou a ordenador) sobre esa temática. Tedes de prazo ata o 15 de xuño para presentalo. Os temas son: Mellora da saúde mediante o traballo de resistencia aeróbica. Xogos galegos tradicionais da zona de Valga. Os xogos olímpicos.