Comeza Xuño. Primeira semana.
Boas rapacxs!!! Comezamos novo mes e imos cambiar de UD, deixamos os xogos tradicionais e imos comezar con Introducción á Orientación para o 2º e 3º ciclo e xogos na natureza para os máis pequenxs de 1º e 2º curso. 1º e 2º curso: Xogos na natureza Agora que xa se pode sair imos facer unha serie de xogos no medio natural que nos permitan practicar habilidades como os deprazamentos, saltos, xiros, equilibrios,... Ides facer un pequeno circuito na zona que poidades (xardín, parque,...) con uns poucos obxectos ou elementos da paisaxe (un tronco para equilibrio, unhas prantas para saltos, bancos para facer zig zag,...). Podedes ir ampliando o circuito de cada vez e incluso invitar aos voso familiares a que o fagan. 3º, 4º, 5º e 6º : Orientación O primeiro é saber que é isto da orientación . Preme AQUÍ e lee o seguinte enlace. Agora que xa sabemos de que vai este deporte imos pola primeira tarefa, facer un croquis . Un croquis é un mapa feito de maneira xeral e tosca, é dicir,