Rematamos o curso e chegan as vacacións!!!
Boas a todxs!!!! Chegamos á última semana de curso e so vos podo dar a noraboa polo gran traballo, esforzo e entusiasmo que lle poñedes sempre á materia de Educación Física. En esta última semana, vouvos a pedir que fagades a lectura deste artigo da OMS sobre a importancia da actividade física nos xóvenes. https://www.who.int/dietphysicalactivity/factsheet_young_people/es/ E xa que chega o verán, vouvos a facer unha recomendación para que a vosa saúde sexa de ferro. Hai que xogar moito, moverse moito e da maneira que máis che guste (andar, correr, bici, nadar, patinete,...), estar ao aire libre (con precaución do sol), alimentarse ben, descansar polas noites )o corpo necesitao), estar cxs amigxs (con seguridade e distancia), coa familia,... En resumen, moita actividade física e moita diversión!!!! Que teñades o mellor verán!!!! Apertas moi fortes para todxs!!!