Semana do 18 ao 22 de maio

Boas a todas e todos!!!

Seguimos coa proposta de xogos tradicionais galegos. Cada curso pode adaptalos ao seu nivel, xa que unha das características do xogo é este, vale para todas e todos.
Os xogos propostos para esta semana son os seguintes:

A GOMA

Para o xogo da goma precísase unha goma elástica de polo menos tres metros de lonxitude. Átanse os dous cabos e xa temos a goma preparada para xogar. Por veces débese saltar a goma, outras veces debémola prender cos pés, estirala e cruzala, outras veces debemos pisala.

Para comezar, dúas persoas colócanse unha fronte á outra, mantendo a goma tensa. Suxeitarán a goma con diferentes partes do corpo, a diferentes alturas do chan, tendo as dúas partes da goma paralelas entre si e paralelas ao chan.

O terreo de xogo a ser posible será liso. Cando se erra en calquera fase do xogo débese ceder o posto á seguinte persoa; cando volva xogar, farao na fase na que errara anteriormente.

Podemos comezar xogando con diferentes alturas, do seguinte xeito:

  • Primeiras: tendo a goma asegurada polos nocellos.
  • Segundas: coa goma detrás dos xeonllos.
  • Terceiras: coa goma na cintura.
  • Cuartas: coa goma nos sobacos.
  • Quintas: coa goma na caluga.
  • Sextas: coa goma agarrada polas mans en alto por encima da cabeza.

Para complicar o xogo podemos seguir indicando o xeito como debemos saltar: libremente, saltar e deixar os pés quietos ao caer, saltar e caer cos pés xuntos, saltar e caer á pata coxa, saltar cun ollo tapado ou cos dous, saltar a goma que se fai tremer, saltar sen rir, aguantando bromas.

Juegos,juguetes y actividades lúdicas.: Xogos de enredo

O REMUÍÑO: Comézase tendo a goma na cintura, que sempre se debe agarrar coas mans ao tempo que se salta cos pés. Éntrase por un lado da goma, dicindo “re” (quedando cun pé dentro e outro fóra). Continúase dicindo “mu” (caendo cos dous pés dentro). De seguido dirase “i” (quedando cun pé dentro e o outro fóra polo outro lado ao que se entrara). Remátase dicindo “ño” (deixando os dous pés fóra da goma, polo lado contrario ao que se comezara).

CHOCOLATE: Sáltase á vez que se din as catro sílabas da palabra e colocando os pés do seguinte xeito: “cho” (un pé dentro e outro fóra), “co” (os dous pés dentro), “la” (un pé dentro e outro fóra polo lado contrario ao do comezo) e “te” ( os dous pés fóra polo lado que non se comezara).

Vanse variando as alturas.

Hai moitas máis cancións e xogos segundo a zona. Preguntádelle aos vosos pais e nais, avós e avoas como xogaban eles. Veredes que divertido xogar en familia!!


A PORCA

 Trátase dun xogo moi estendido, con elementos semellantes ao jockey ou ao golf, deportes popularizados moito despois da existencia da porca (tamén chamada Pino ou Cachona nalgunhas zonas).Foi un xogo infantil, xogado no inverno, mentres se coidaba do gando.

Os elementos do xogo son un pau da porca (caneira, cacheira, moca), feito tradicionalmente de uz, de catro a seis cuartas de lonxitude, e unha bóla (porca, pino), feita de madeira dura e de seis a doce centímetros de diámetro. O campo de xogo ten que ser aberto, con tantos buratos (nichos) como participante haxa, repartidos en circo arredor dun grande burato central (cortello).

O xogo consiste en que o/a porqueiro/a ten que tentar introducir a porca no cortello, mentres o resto tentará afastala canto máis lonxe poida. Se a conseguise introducir, ao berro de: “Hai trocos”, todo o mundo deberá trocar de nicho, momento no que o/a porqueiro/a tentará apoderarse dun destes buratos, ben introducindo a súa moca ben un pé, e deixándolle o seu posto á persoa que ficara sen el. Tamén pode roubarlle o nicho a quen, por saír a atacar ao/á porqueiro/a, deixa abandonado o seu burato.

Pódese xogar á porca de distintas maneiras. Os máis pequenos poden xogar a meter nun burato (quen o mete en menos golpes,...) a roubarlle a porca a outro,... Os maiores poden xogar como tradicionalmente e se o porqueiro a introduce no burato, cámbiase por outro.


Cada un pode adaptarse as características da súa familia, casa,... para practicalo. O casé probar e pasalo ben.

 Nenos galegos aprenderon en Pereiro xogos tradicionais

AS CATRO ESQUINAS 

Este xogo coñecédelo moi ben, temos xogado en clase varias veces. Adaptadeo á xente que teñades dispoñible para xogar (en vez de catro esquinas en rectángulo podedes facer un triángulo, un pentágono, hexágono,...).


Material: Non se precisa
Espazo: Rectángulo con marcas para cada esquina
Xogadores: 5

  • Bótanse sortes para ver quen apanda
  • O pandote sitúase no centro do rectángulo, mentras que os demais ocupan cadansúa esquina.
  • Cando se escoite un sinal, todos deberán cambiar de esquina procurando que o pandote non pille ningunha antes ca eles.
  • Ningún xogador pode volver á marca da que saiu.
  • Se o pandote colle unha esquina, o que queda fóra é o novo pandote.
  •  
  •  JUEGOS (TAFAD): Las cuatro esquinas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Comeza Xuño. Primeira semana.

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO!!!