Xogos tradicionais en maio

Comeza maio e cambiamos de UD. Imos traballar os xogos tradicionais galegos. Son xogos que xa se xogaban en Galicia fai moitísimos anos e que seguro que os vosos pais e avós coñecen e vos poden explicar.
Cada semana imos coñecer uns xogos, coas súas regras, material que se necesita,... Ides aprender as súas características e ides a xogar a eles (é a mellor forma de coñecelos).
Cando rematemos a UD mandareivos unhas preguntiñas sobre os xogos nunha ficha que me teredes que reenviar.

AS CHAPAS
Un xogo moi doado de facer. Só necesitamos unhas chapas de botellas (tantas como xogadores/as) e un xiz para marcar o circuito (canto máis revirado, mellor).
Tírase por turnos, co dedo corazón, e gaña o que primeiro chegue á meta. Pero, coidado, se te saes do circuito debes colocar a tua chapa na liña por onde te saiches e no teu seguinte turno tes que tirar hacia atrás.

Video









As chapas | CEIP de Arzúa

O FERRÓN
Necesitamos 5 aros e un pau clavado no chan. Os aros podes facelos con cartón, se queres. Tiranse os aros desde unha distancia igual para todos/as e a persoa que máis logre meter no pau (ferro), gaña. Despois vaise alonxando a marca para tirar (cada vez máis difícil).
Orixinariamente xogábase con 10 ferraduras, pero nós adaptamos o xogo ao material que temos no cole, por iso xogamos con aros. Se tedes ferraduras na casa podedes probar.

Video ferrón

A BUXAINA (5º E 6º)
Seguro que tes algunha buxaina por casa e teus pais recordan como se bailaba. É importante anudala ben, dándolle unha volta ao pirucho e despois hacia a punta (darlle outra volta) e comezan a darlle voltas hacia arriba á buxaina. Cando o teñas listo, deberás lanzar  hacia diante e cun golpe seco tirar hacia atrás.
Fai falta moita práctica, non desesperes se non che sae á primeira.

Video buxaina

Semana do Peón e Escornabots | CEIP SACO E ARCE


Que os desfrutedes moito!! Nos comentarios podedes opinar sobre estes xogos, que foi o que máis vos gustou, se foi difícil,...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Comeza Xuño. Primeira semana.

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO!!!